Wednesday 24 de April de 2024

A Xunta destina preto de 210.000 euros a melloras nos Xulgados de Noia


― O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, explicou que a Xunta segue avanzando no compromiso coas dotacións da Administración de Xustiza

― De aí as obras de rehabilitación e mellora da eficiencia enerxética no edificio dos Xulgados, que está incluído no Plan Especial de Protección e reforma interior do casco histórico de Noia

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda avanzou hoxe en Noia que o Goberno galego vai destinar 210.000 euros a diversas melloras de eficiencia enerxética nos Xulgados

Alfonso Rueda, que estivo acompañado pola xuíza decana de Noia, Lorena Tallón; o delegado do Colexio de Avogados de Coruña, Manuel Blanco-Ons; o decano do Colexio de Procuradores de Santiago, Fernando González-Concheiro; o director xeral de Xustiza, Juan José Martín e o alcalde de Noia, Santiago Abeijón, indicou que a Xunta segue avanzando no compromiso coas dotacións da Administración de Xustiza.

De aí as obras de rehabilitación e mellora da eficiencia enerxética deste edificio que está incluído no Plan Especial de Protección e reforma interior do casco histórico de Noia. As obras que terán unha duración de tres meses permitirán mellorar a calificación enerxética do edificio xudicial e acadar os niveis axeitados de iluminación e illamento térmico.

Serán retiradas as carpintarías existentes e substituiranse por unhas novas de castaño laminado e vidro illante, a porta de madeira do acceso principal será restaurada así como as dúas das balconeiras existentes. Será e substituida a cuberta, incluídas carpintarías Velux e será tamén substituida a iluminación.

En definitiva, un paso máis na aposta firme e decidida por dotar aos profesionais e aos cidadáns dos mellores medios materiais ao seu servizo: tanto no punto de vista das infraestruturas xudiciais como no das novas tecnoloxías, rematou o vicepresidente da Xunta.

En paralelo, estase a piques de rematar o Plan de Infraestruturas Xudiciais no que investironse máis de 125 millóns de euros. E este mesmo ano bota andar a Cidade da Xustiza de Vigo, un edificio de vangarda no eido das infraestruturas xudiciais no que se investiron 42M€. Ademais culminamos a inversión de 50M€ destinada á modernización e dixitalización dos xulgados galegos.